Trinta mulleres aprenden autodefensa en Valga

La Voz

VALGA

CEDIDA

Danlle as clases os instrutores Julio Oliveira e Raquel Vila

06 abr 2019 . Actualizado a las 14:01 h.

Trinta mulleres iniciaron o xoves o curso de defensa persoal organizado pola Concellería de Igualdade e Benestar Social de Valga. Danlle as clases os instrutores Julio Oliveira, quinto dan de Hapkido e experto en intervención con mulleres vítimas de violencia de xénero, e Raquel Vila, segundo dan de Hapkido, actual campioa de España de Hapkido e subcampioa do mundo de defensa persoal. O curso centrarase nas técnicas do Hapkido, unha arte marcial coreana enfocada á defensa persoal e na que a forza física non é requisito primordial. Nas sesións, que se prolongarán durante dous meses, as participantes traballarán a prevención en dous ámbitos, no do fogar e na rúa. Recibirán unha serie de pautas de autoprotección que poden axudarlles a salvar as súas vidas.