Hoxe, citas en Carril, Vilanova, Valga e A Illa

La Voz

VALGA

O principal foco de atención estará no Momo, que poderá seguirse por pantalla xigante e en directo, a través do Facebook

10 mar 2019 . Actualizado a las 12:46 h.

Co ceo gris, pero o sábado e domingo de Piñata celébranse por todo o alto en Arousa. Onte houbo desfiles en Cambados, na Illa, concurso de disfraces para mascotas no Cannaval de Vilanova e en Vilaxoán e Ribadumia enterraron as festas coa queima das correspondentes sardiña e Galiña Villareja

Hoxe, co permiso do tempo, segue a festa. A cita máis multitudinaria é en Vilanova, a conta do Momo. O Concello apostou forte nesta edición, tanto que xa anuncia que vai pedir a súa declaración como festa de interese turístico galego e esta tarde retransmitirá o desfile en directo, a partir das seis, a través do perfil de Facebook do Concello. Ademais, colocou iluminación especial nas rúas do pobo e unha pantalla de dez metros cadrados para que o público poida seguir os dos quilómetros de percorrido do desfile, cos comentarios de Xacobe Pérez.

O Concello espera reunir a dúas mil persoas entre disfraces e carrozas e contará co actor Luís Zahera como artista invitado. Ante a avalancha de xente que cada ano acode a esta festa, habilitaranse zonas de aparcamento no Terrón e o centro urbano quedará pechado ao tráfico. Ás cinco quedará resolto o gran misterio: a identidade do Momo deste ano.

Á mesa hora, sairá na Illa o desfile de comparsas desde O Regueiro cara ao auditorio e ás 17.30 horas farao o desfile en Valga. Ás seis, en Carril despiden o entroido co enterro da sardiña.

Entre A Illa y Vilaxoán. A Arousa celebraba o seu clásico desfile onte. Mentres, en Vilaxoán, a sardiña que naceu polo San Xoán era debidamente enterrada. Como verán nas imaxes, entre a autoridade competente e as plaiñeiras.