Caldo de gloria e escaleira rosaliana no IES de Valga

VALGA

CEDIDA

No instituto de Valga inauguran hoxe o seu particular recordatorio á escritora

21 feb 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

As homenaxes e os actos de divulgación da figura de Rosalía de Castro non paran de sucederse. No instituto de Valga inauguran hoxe o seu particular recordatorio á escritora. Os versos nos que falaba Rosalía de Valga decoran, dende onte, o centro. Máis en concreto as súas escaleiras principais, onde cada chanzo leva escritas unas palabras. O presidente da fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, inaugurará hoxe estas escaleiras rosalianas. Pero este non será o único acto organizado polo centro con motivo do Día de Rosalía. O venres, a cafetería do instituto ofrecerá, de xeito gratuíto, un «caldo de gloria» inspirado na receita que a escritora abordaba no poema «Miña casiña, meu lar», un canto á épica diaria da supervivencia.