Valga premia un belén formado por arredor de duascentas pezas

Valga LA VOZ

VALGA

Cedida

Os autores son un grupo de amigos do municipio que recibiron un vale de cen euros

07 ene 2019 . Actualizado a las 18:36 h.

O xurado do Concurso de Beléns organizado pola concellería de Cultura de Valga decidiu outorgar o primeiro premio do certame ao grupo de amigos integrado por Julián Cerneira, Andrea Torres, Jeny Valiño, Alejandro Torres e Álex Cortés.

O nacemento que presentaron ao concurso estaba formado por arredor de duascentas pezas, con casas de corcho feitas a man, figuras con movemento conseguido con motores de coches de radiocontrol e iluminación. Como gañadores recibiron un vale de 100 euros para adquirir material didáctico que lle foi entregado polo alcalde, José María Bello Maneiro.

Os cinco inscritos restantes (Encarna García, Telma e Hernán Dopazo, María José Pardal, Fran e Juan Otero e Xián Mariño) foron agasallados con vales de 25 euros e todos, ademais, recibiron un roscón de Reis.

O xurado, integrado por dous representantes do Concello e catro membros da asociación Amigos do Belén, percorreu os nacementos inscritos o pasado 29 de decembro e destacou tanto a calidade como a orixinalidade dos nacementos.