A actuación aprazada de Milladoiro en Valga será o día 17

B. c.

VALGA

MONICA IRAGO

As entradas repartidas no seu día entre os veciños de Valga son válidas para esta nova data

11 nov 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Día 17 • 20.30 horas • Auditorio municipal • O concerto de Milladoiro previsto para o pasado sábado e que tivo que aprazarse debido ao falecemento dun familiar dun dos compoñentes do grupo, celebrarase finalmente o día 17 de novembro.

As entradas repartidas no seu día entre os veciños de Valga son válidas para esta nova data. Ante a grande expectación que o espectáculo espertou, o Concello pide que se algunha persoa non pode asistir ao concerto, entregue as súas entradas nas oficinas municipais ou no auditorio para que poidan ser utilizadas por outros espectadores.

O valgués Manu Conde presentará o seu último traballo «Atlántico». É o seu primeiro álbum de estudo en dez anos.