Tecendo Lazos cos xoguetes tradicionais

La Voz

VALGA

02 oct 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Todos os mércores • De 16.30 a 18.30 • Todo aquel que teña máis de seis anos e que queira participar nun obradoiro de xoguetes tradicionais pode apuntarse en Valga para participar no programa Tecendo Lazos. A actividade terá lugar entre o 24 de outubro e o 12 de decembro e ten como obxectivo fomentar o traballo en equipo e a colaboración cos xoguetes como arma.