Valga acollerá un novo curso de dirección musical

La Voz

VALGA

VÍTOR MEJUTO

Será en outubro e impartiranno expertos na materia

02 sep 2018 . Actualizado a las 19:19 h.

O Concello de Valga, a Escola Municipal de Música e a asociación Musival poñen en marcha unha nova edición do curso de dirección musical, que se desenvolverá dende o mes de outubro e ata abril de 2019, e que estará impartido polos mestres Pere Molina González, director titular da Orquestra de Cámara de Valencia, Manuel Villar Touceda, director da Escola e da Banda de Música Municipais de Valga, e Mar Durán Rodríguez, profesora de Psicoloxía na Universidade de Santiago. O curso, que terá como agrupación residente a Camerata Arven, consta de tres encontros que contarán, como máximo, con oito alumnos activos. Estes admitiranse por rigorosa orde, estando xa aberto o prazo de inscrición. O primeiro encontro desenvolverase entre o 12 e 14 de outubro e nel os participantes traballarán a obra «Noneto en Fa Mayor» de Louis Spohr. Despois haberá que esperar a xaneiro.