A Escola de Verán chega a Valga

O Concello organiza diversas actividades gratuitas

.

O Concello de Valga organiza durante a época estival diversas actividades gratuítas para nenos e mozos co obxectivo de favorecer a conciliación familiar e laboral durante o período de vacacións. A Escola de Verán está aberta á participación de rapaces de entre cinco e catorce anos, cuxas familias teñen de prazo ata o día 6 de xullo para tramitar a inscrición no Concello, no auditorio municipal ou nos colexios. A folla de inscrición tamén pode descargarse na páxina web do Concello.

As actividades desenvolveranse de luns a venres de 10 a 13 horas, a partir do 16 de xullo. Faranse rutas a pé, contacontos, bibliotecas estivais, cineforum, cifras e letras, manualidades e xogos populares, de mesa e na rede. Ademais, a programación inclúe os obradoiros educando en igualdade, seguridade e primeiros auxilios, contos ou ciencia en ruta.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A Escola de Verán chega a Valga