Bello Maneiro leva a pleno o proxecto para crear un embarcadoiro en Campaña

O obxectivo é que se destine ao amarre de embarcacións turísticas para dar un impulso ao número de visitantes


valga / la voz

O grupo de goberno do Concello de Valga levará a Pleno o vindeiro luns o proxecto para a creación dun embarcadoiro en Campaña destinado, fundamentalmente, ao seu uso por parte de embarcacións turísticas. Na zona aínda perviven as ruínas dun pequeno peirao no que antigamente se cargaban embarcacións con arxila e pezas de cerámica fabricadas na factoría Novo y Sierra, produtora de cerámicas para a construción.

O proxecto, redactado por Portos de Galicia, propón a rehabilitación daquela pequena estrutura portuaria co fin de permitir o atraque aos catamaráns e embarcacións turísticas que operan na Ría de Arousa e no río Ulla e atraer, así, un fluxo de visitantes que cheguen ao municipio por vía marítima e fluvial. As obras consistirán no acondicionamento desta zona de ribeira con pavimento de adoquín e a instalación dun pantalán de 42 metros de longo con pavimento de madeira e varanda de aceiro inoxidable. Ao final da pasarela colocarase unha plataforma flotante de 24 metros de longo por tres de ancho. Esta plataforma será, tal e como indican dende o PP, a que permita o atraque dos catamaráns.

Hai máis. Tal e como detallan, o embarcadoiro irá dotado con cornamusas de aluminio para o amarre das embarcacións proxectándose, asimesmo, o acondicionamento dun acceso por estrada ao lado da depuradora. Ademais da aprobación do proxecto, o Pleno votará a solicitude de autorización á Xefatura Provincial de Costas do Estado para a instalación do pantalán por parte de Portos de Galicia.

Liquidación de orzamentos

Na sesión ordinaria tamén se dará conta da liquidación do orzamento do exercicio económico 2017, que se saldou cun remantente de tesourería que supera os 500.000 euros. «Como o Concello cumpre con todas as normativas impostas por Facenda, pode destinar estes cartos ás obras, servizos ou actuacións que crea convinte», destaca o alcalde, José María Bello Maneiro.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

Bello Maneiro leva a pleno o proxecto para crear un embarcadoiro en Campaña