Concertos e máis concertos no auditorio de Valga

O auditorio de Cordeiro ten xa pechada a súa programación para este mes

.

O auditorio de Cordeiro ten xa pechada a súa programación para este mes. Arrinca o vindeiro domingo cun concerto de solistas de acceso a Grao Profesional. Esta actividade forma parte dun ciclo de concertos organizado pola Escola Municipal de Música e que se prolongará ata o domingo 22. O venres 13 actuarán solistas de vento metal e canto, o sábado 14 será a quenda dos alumnos de saxofón e percusión, o venres 20 as actuacións correrán a cargo dos solistas de vento madeira e, por último, o domingo 22, solistas de corda e piano. A entrada é de balde para todos os concertos. Ademais, o sábado 21 retómase a Música coas nosas bandas coa Xove Banda de Narón, dirixida por Francisco San Román Calvo.

Seguimos coa música. Durante a última fin de semana de abril, do día 27 ao 29, celébrase o terceiro e último encontro do curso de dirección musical que organizan a Escola Municipal de Música e o Concello de Valga e que ten aberto o prazo de inscrición ata o vindeiro 16 de abril. A actividade admite un máximo de oito alumnos que terán como mestres a Pere Molina González e Manuel Villar Touceda e traballarán a obra IV Sinfonía de Gustav Mahler con sesións de técnica e didáctica da dirección, análise e estudo do repertorio, orquestración, psicoloxía da dirección e práctica e ensaios coa agrupación residente Camerata Arven.

Ademais de música, haberá teatro ­-xoves 26, Leonardo e os fontaneiros, e domingo 29, Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos-.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

Concertos e máis concertos no auditorio de Valga