Iria Esperón gaña, por segunda vez, o premio de teatro sobre a Guerra da Independencia

La Voz

VALGA

MARTINA MISER

«A memoria da terra» é o título da obra gañadora

20 mar 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

«A memoria da terra» é o título da obra gañadora do premio de teatro A Guerra da Independencia en Valga, ao que concorreron tres traballos relacionados coa revolta protagonizada polos veciños de Casaldeirigo contra as tropas francesas no ano 1809. A obra seleccionada é da autoría de Iria Esperón Abril, que cos seus 21 anos gaña por segunda vez este certame. Onte, cando coñeceu o seu novo triunfo, declarou: «A idea desta obra xa a tiña dende hai tempo. Intento amosar algúns paralelismos entre aquel episodio histórico e a actualidade, poñendo aos personaxes en situacións que, salvando as distancias, poidan ter algún parecido ou provocar reaccións semellantes». Dito queda.