O albergue de Valga recibiu no 2017 un 30 % máis de peregrinos

Foron 4.578 os peregrinos que elixiron a pousada do Pino para aloxarse mentres cubrían o Camiño Portugués a Santiago

.

valga / la voz

As pernoctas rexistradas no albergue de Valga incrementáronse nun 30,35% no pasado ano 2017. Foron 4.578 os peregrinos que elixiron a pousada do Pino para aloxarse mentres cubrían o Camiño Portugués a Santiago, o que representa 1.066 estancias máis que no ano anterior, o 2016, que rematou con 3.512 visitas.

Agosto foi o mes con máis hóspedes (709), seguido de maio (632), xuño (628), abril (613) e setembro (583). Este incremento de estancias no albergue vai parello ao aumento de peregrinos que transitan polo Camiño Portugués. No pasado ano foron 59.235 os camiñantes que percorreron a vía lusa a Compostela, o que supón 9.697 máis que en 2016 segundo os datos da Oficina do Peregrino.

O Camiño Portugués consolídase así como a segunda ruta de peregrinación a Santiago máis transitada por diante dos camiños do Norte, Primitivo, Inglés, Vía da Prata, da Costa ou Muxía-Fisterra, segundo informa o Concello de Valga.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Comentarios

O albergue de Valga recibiu no 2017 un 30 % máis de peregrinos