O segundo Canicrosss de Valga inicia na especialidade a once afeccionados

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VALGA

CEDIDA

A proba contou con 26 participantes

18 oct 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

O II Canicross Concello de Valga contou o pasado domingo con 26 atletas no Parque Irmáns Dios Mosquera entre as tres modalidades en lid, canicross, bikejoring, e a estrea en Galicia do caniduatlón, que polo seu bo acollemento, será incorporado polo Kennel Den de Catoira, club organizador xunto co Concello, ás probas futuras que faga. Os responsables salientaron por enriba de todo a participación por vez primeira nun canicross de 11 dos seus competidores, coa iniciación neste deporte coma principal obxectivo da cita.