O Catoira, viveiro de novos proxectos das Ligas de Veteráns de Pontevedra

vilagarcía / la voz

VALGA

O conxunto vikingo nacía quince anos atrás como pioneiro no Baixo Ulla

28 oct 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

O Catoira converteuse, quince anos despois da súa botadura, nun dos clásicos das Ligas da Asociación de Futbolistas Veteráns de Pontevedra. E non só pola súa continuidade, que tres lustros non son cousa menor nun torneo tan voluntarista coma este. Detrás están o seu espírito deportivo, a filosofía de xogo, e a súa condición de viveiro de varios deses novos proxectos que nos últimos tempos obrigaron os responsables da Asociación a ampliar as súas categorías, ata chegar hoxe ao límite da súa capacidade de organización.

José Antonio Catoira é o delegado do Catoira. Delegado, xogador de 55 anos, e tamén, recorda, a cabeza na que xurdíu a idea do club. O daquela concelleiro do Partido Popular na localidade vikinga impulsou xunto co presidente da Asociación Cultural Río Ulla, Juan Ramón Guillán, o Catoira de veteráns. «Entonces no había ningún equipo de veteranos en el pueblo», apunta. E co tempo «de nuestro equipo se han hecho después el Abalo y el Salud de Valga».

«De lo que más me enorgullezco en este tiempo es de que nunca ha habido roces entre nosotros. Y cuando ha habido algún jugador polémico, se le ha invitado a dejar el equipo. Mantengo amistad con toda la gente que ha pasado por él. Y no exagero cuando hablo de 150 a 200 personas. Para nosotros primero es el deporte. Y si después ganamos, perfecto», manifesta José Antonio.

Nesta liña inscríbese a aposta futbolística do Catoira. «Ganando o perdiendo, siempre hemos sido un equipo de jugar desde atrás y con el balón pegado al suelo, nunca al pelotazo. Unas veces estaremos físicamente mejor o peor, y lo haremos mejor o peor, pero siempre vamos a jugar al fútbol», di con orgullo o delegado do cadro vikingo.

De buscar xogadores cun anuncio nun bar e de xogar de prestado no campo rianxeiro de Isorna, primeiro, e o valgués de Campaña mentres instalaban o céspede artificial nas Lombas, o Catoira é hoxe un equipo composto a partes iguais por futbolistas de Vilagarcía e da vila das Torres de Oeste. Un coletivo que chegou coquetear co ascenso á Primeira no seu día, e que hoxe, con dúas ducias de xogadores pero lastrado por unha praga de lesións, comeza a esquecer a súa pretensión de ascender á Terceira desde a 4.ºA. Non importa. Do que se trata, resume Catoira, é de «pasar un buen rato»,

fútbol