Santa Marta e o polbo tíranlle do pulso ao Albariño en Ponte Arnelas

La Voz RIBADUMIA / LA VOZ

RIBADUMIA

MONICA IRAGO

O Salnés celebra unha das súas citas inexcusables cun clásico da gastronomía tradicional

30 jul 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Disque Santa Marta, figura do Novo Testamento que chegou a acoller a Xesús na súa casa, ten poder sobre a cociña e as cociñeiras. Por extensión, nesa mesma categoría por protexer atópanse as polbeiras e os polbeiros. E iso ten moito que ver co que cada mes de xullo, polas voltas do día 29, sucede en Ponte Arnelas. Nesta ocasión, a tradicional festividade coincide coa Festa do Albariño de Cambados, pero esa feliz circunstancia non resta un ápice de concorrencia a unha cita que figura en vermello no calendario gastronómico de Ribadumia, Vilanova e todo O Salnés.

Quen non puidese asistir este mércores ao arrinque da conmemoración non ten de que se preocupar. A festa continúa xoves, co sacrosanto polbo, misa cantada ás oito e procesión ao ritmo da banda de música de Ribadumia, con Saudade e Suavecito no escenario á noite. Tampouco o venres, última xornada, na que o programa litúrxico é o mesmo, mentres que a verbena da noite corre pola conta de Solara e Ritmo Joven.