Críticas do PSOE e Somos de Ribadumia ante a suspensión do pleno a última hora

La Voz RIBADUMIA / LA VOZ

RIBADUMIA

Javier Mougan, voceiro do PSOE de Ribadumia
Javier Mougan, voceiro do PSOE de Ribadumia Martina Miser

Na orde do día había un único punto na orde do día referido ao expediente de modificación de créditos por valor de 839.628,16 euros, «unha cantidade crucial para garantir o cobro ás empresas provedoras do noso concello»

13 dic 2024 . Actualizado a las 13:10 h.

Esta noitiña ía celebrarse un pleno en Ribadumia que foi desconvocado a última hora, e as queixas non se fixeron esperar. Desde o PSdeG-PSOE de Ribadumia expresaron a súa «máis enérxica crítica pola desconvocatoria, por segunda vez este ano, dun pleno extraordinario de vital importancia». Había un único punto na orde do día referido ao expediente de modificación de créditos por valor de 839.628,16 euros, «unha cantidade crucial para garantir o cobro ás empresas provedoras do noso concello», din os socialistas.

«O expediente, que supón unha porcentaxe moi elevada do orzamento anual do concello, presenta graves deficiencias en canto a transparencia e rigor», segundo explicou o voceiro socialista, Javier Mougán, que aproveita para chamar a atención sobre «outras graves irregularidades na xestión económica do concello». Alude, en concreto, a que a Conta Xeral de 2023 estea sen presentar por segundo ano consecutivo ou á «desaparición sen explicación dos 267.000 euros destinados ao cambio do céspede do campo da Bouza».

Somos Ribadumia tamén ten algo que dicir ao respecto: «Por culpa da súa lamentable xestión e do seu intento de ocultar a que se ían dedicar eses cartos,  agora moitas desas facturas, que están sen pagar, van seguir así ata que o señor Castro teña a ben facer o seu traballo correctamente».