Unión futbolística nunha nova edición do trofeo de Ribadumia

M. Santamaría-Serantes / A.G. RIBADUMIA / LA VOZ

RIBADUMIA

Representantes de los tres equipos con el alcalde de Ribadumia.
Representantes de los tres equipos con el alcalde de Ribadumia. MARIA SANTAMARIA

Este domingo 18, a partir das oito da tarde, competirán entre eles o Ribadumia, o Umia e o Xuventude Sisán

14 ago 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Trinta e dúas edicións cumpre o torneo de fútbol que o Concello de Ribadumia celebra, no que os tres equipos da zona se enfrontan nunha proba que pretende unir a xogadores que, de primeiras poderían sentirse de equipos tan historicamente rivais como o Real Madrid e o Fútbol Club Barcelona.

«Un torneo que una e fomente os valores da sociedade ademais de crear lazos de amizade entre as entidades», explicaba David Castro, alcalde da vila. O Xuventude de Sisán, o Ribadumia e o Umia competirán nun encontro que se producirá o domingo 18 de este mes, dende as oito da tarde. Para acceder ao campo de A Senra é necesario abonar unha cantidade de dous euros, cos cales se adquirirá una rifa coa que participar nun sorteo.

David Pereira, presidente do Xuventude de Sisán, entidade que este ano organiza o encontro, explica que os clubs enfróntanse de forma triangular (todos contra todos), nuns partidos que durarán a redor de corenta e cinco minutos. Tanto Esther Bermudez, tesoureira do Umia, como Rosana Chapela, representante do Ribadumia, fan fincapé en que pretenden fomentar o bo ambiente e supón un quecemento informal para as vindeiras competicións.