Os aparcamentos disuasorios de Vilagarcía e Ribadumia terán 136 prazas

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

RIBADUMIA

Plano do aparcamento de Ribadumia
Plano do aparcamento de Ribadumia

A Xunta prevé licitar as obras en marzo e comezalas despois do verán

16 feb 2023 . Actualizado a las 16:05 h.

O Consello da Xunta aprobou este xoves o proxecto de trazado para a execución de dous aparcadoiros disuasorios para o fomento do vehículo compartido en Vilagarcía e Ribadumia, que suporán un investimento de máis de un millón de euros. O primeiro deles localizarase nas inmediacións da glorieta da vía de alta capacidade Cambados-Vilagarcía (VG-4.3) e da N-640, no lugar de Coruxo, e terá 59 prazas. O segundo estará na contorna da rotonda entre a autovía do Salnés (AG-41) e a VG-4, no núcleo de Barrantes, en Ribadumia e disporá de 77 prazas.

A aprobación definitiva do proxecto de trazado destas dúas actuación implica a declaración de utilidade pública, pola que se dispón a urxente ocupación dos terreos necesarios. O levantamento das actas previas das expropiacións realizarase no segundo trimestre e prevese licitar as obras na primeira quincena de marzo e comezalas tras o verán.

Estas actuacións finánciase cos fondos europeos Next Generation UE para o impulso da transformación da mobilidade nas contornas urbanas.