A ILP en favor da atención primaria obtivo máis de 500 sinaturas en Ribadumia

La Voz RIBADUMIA

RIBADUMIA

MONICA IRAGO

Somos acusa ao alcalde de tratar de silenciar esta campaña

24 ene 2023 . Actualizado a las 15:23 h.

A campaña de recollida de sinaturas para a apoiar a iniciativa lexislativa popular (ILP) que propón medidas urxentes de reforzo da atención primaria obtivo e Ribadumia máis de 500 sinaturas, «unha cifra moi importante, que da proba da preocupación que hai na cidadanía ante o degradamento progresivo da atención primaria», segundo informa Somos Ribadumia.

A formación que lidera Enrique Oubiña agradece o apoio da poboación e anima a participar na manifestación convocada para 12 de febreiro en Santiago para reclamar melloras na sanidade pública.

Non deixa pasar Somos a ocasión de criticar ao alcalde, David Castro. «A realidade é que o goberno local tivo moito coidado de poñerse de perfil nesta loita, de feito non fixo ningún esforzo por apoiar esta campaña de recollida de sinaturas a favor da ILP en defensa da atención primaria. Tal é así, que a pesar de que había follas de recollidas de sinaturas na casa consistorial e nas dependencias de servizos sociais, David Castro silenciou a campaña, e non fixo ningún tipo de comunicación animando a participar, nin sequera un aviso a través das redes sociais de que as follas estaban a disposición da veciñanza».