
Axentes da Benemérita informarán ao público de cuestións como a forma de actuar na rúa, nos domicilios ou no banco
13 nov 2022 . Actualizado a las 05:00 h.A Garda Civil de Cambados, de Ribadumia e de Meis impartirá este vindeiro xoves, día 17, unha charla informativa sobre seguridade na Casa da Cultura de Ribadumia. Desde as oito e media da tarde, axentes da Benemérita informarán ao público de cuestións como a forma de actuar na rúa, nos domicilios ou no banco fronte a posibles delitos, o perigo das compras por internet ou ante descoñecidos na rede, ou como actuar ante unha desaparición.