A carballeira de Ribadumia acolle este domingo a Romaría da Música

La Voz RIBADUMIA / LA VOZ

RIBADUMIA

Haberá actuacións musicais, sorteos, xogos e gastronomía

02 may 2022 . Actualizado a las 15:30 h.

A Carballeira de Ribadumia acollerá este domingo a segunda edición da Romaría da música de Ribadumia A partir das doce do mediodía actuarán a Banda Municipal de Ribadumia, a Banda de Música Cultural de Mondariz, o grupo da asociación cultural Xironsa, Maravallada, a charanga Mil9, a Orquestra Caracas e, para os máis cativos, haberá un espectáculo inspirado en Disney a cargo de Bene Nogueira.

Na romaría haberá sorteos, inchables e xogos populares ademais de talleres de pintura e maquillaxe infantil e unha exhibición de coches e motos clásicas. Tamén haberá sitio para a gastronomía, coa degustación de callos, empanada e polbo, todo regado elo con tinto do SalnésO alcalde David Castro acompañou onte aos membros da organización no acto de presentación da romaría que se celebrou na carballeira, desde onde se invitou a todos os veciños a «desfrutar dun fantástico día, onde a música será a protagonista».