O Concello de Ribadumia prepara a volta á actividade no auditorio

La Voz RIBADUMIA / LA VOZ

RIBADUMIA

MONICA IRAGO

As agrupacións locais terán, como ven sendo costume, unha forte presenza na súa axenda

13 ene 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Ribadumia está ultimando a programación do seu auditorio municipal que reinicirá a súa actividade en breve. Despois do parón navideño, o público terá a oportunidade de volver a desfrutar dun variado cartel que incluirá galas solidarias, actuacións musicais, cine e teatro.

As agrupacións locais terán, como ven sendo costume, unha forte presenza coa que o Concello de Ribadumia quere darlles protagonismo e visibilizar o seu traballo e esforzo para sacar adiante os seus proxectos, especialmente nunhas circunstancias adversas para ensaios, montaxes e demais.

Precisamente, a situación epidemiolóxica derivada do aumento exponencial de casos Covid nas últimas semanas, obrigou ao goberno local a reorganizar e reubicar algúns eventos que xa estaban previstos para este mes de xaneiro. Grupos que xa reservaran estas datas solicitaron que se cambiasen as mesmas á espera de que a situación mellore nas próximas semanas, a fin de poder ofrecer un espectáculo ao público con todas as garantías.

O antes posible

Finalmente, dende o Concello de Ribadumia quixeron trasladar onte o seu desexo de que «as actuacións volvan o antes posible para o desfrute de nenos e nenas e do público en xeral», enchendo de actividade o auditorio.