O Concello de Ribadumia asume o pago dunha parte da taxa de xestión de augas

La Voz RIBADUMIA / LA VOZ

RIBADUMIA

Martina Miser

Ingresa o pagamento dunha factura por importe de 4.249 euros remitida por Espina y Delfín

05 oct 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O equipo de goberno do Concello de Ribadumia aprobou en Xunta de Goberno o pago dunha factura por importe de 4.249 euros remitida por Espina y Delfín en concepto de «liquidación de xestión de augas». Ese importe que abona o Concello, explican dende o consistorio, «correspóndese coa diferenza existente entre a tarifa real do servizo público de sumidoiros e o que efectivamente se lle cobra aos usuarios». A diferenza, insiste o goberno local, «débese a que nos últimos anos non se aplicaron as regularizacións de IPC que a empresa aplica nos seus recibos, co cal os recibos manteñen o mesmo importe, sen estas subas anuais».

Desta forma, sinala o equipo de David Castro, «o Concello de Ribadumia asume semestralmente o pago anual de algo máis de 9.000 euros neste concepto para non repercutirllos ós veciños e veciñas e non aumentar a carga impositiva ós usuarios para favorecer a calidade de vida».