O Umia cae 4-5 tras estragar dous goles de vantaxe

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

RIBADUMIA

MONICA IRAGO

Caeu a mans do Sárdoma na terceira xornada de Liga

21 sep 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Duro golpe o encaixado polo Umia C.F. o pasado sábado no céspede da Bouza de Barrantes. O que foi primeiro líder da tempada no Grupo 1 da Primeira Nacional do balompé feminino español caeu 4-5 a mans do Sárdoma na terceira xornada de Liga. Fíxoo ademais logo de estragar dúas vantaxes de dous goles ao longo do encontro, encaixando o quinto e definitivo tanto do seu rival a once minutos da conclusión do choque.

Incapaz de gañar a semana anterior en Mos (3-1) sen a súa goleadora, Eva López, mancada nun dedo dun pé, o Umia semellaba estar en disposición de sumar o seu segundo triunfo da tempada cando no minuto 14 a súa pichichi asinaba o seu segundo tanto da tarde para subir o 2-0 ao marcador.

Un dobrete da muller-gol do Sárdoma, Noelia Pereira, en cuestión de 5 minutos devolvía a igualada no 32 e espía a fraxilidade defensiva do cadro local. Pero un novo golpe de Eva López pouco antes do descanso (minuto 39) e o gol de Tania Esperón no reinicio (minuto 50) devolvían a confianza no Umia, tocada en pouco máis dun minuto polas visitantes Ainoa Galarza e Irene Fernández (3-4, minuto 63 e 4-4, minuto 64) e afundida co 4-5 asinado por esta última un cuarto de hora despois. A Liga para esta fin de semana.