A Liga fixa as datas do resto dos partidos adiados

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

RIBADUMIA

MONICA IRAGO

O Ribadumia acordou coa U.D. Ourense adiantar o seu enfrontamento de Liga desta semana ao sábado

10 feb 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O Ribadumia acordou coa U.D. Ourense adiantar o seu enfrontamento de Liga desta semana ao sábado. O duelo quedou programado para as cinco da tarde, no Couto. Unha medida que obedece á colocación do Ribadumia-Atios aprazado no seu día para o mércores 17. Ademais, a Federación decidíu correr o calendario unha semana e completar o domingo 21 os partidos adiados, caso do Estradense-Ribadumia e do Arousa-U.D. Ourense.