Jito asume o banco do Umia, que ve cortada a súa xeira triunfal

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

RIBADUMIA

MONICA IRAGO

O xogador e capitán do primeiro equipo masculino compatibiliza a súa actividade coa de preparador físico das vikingas de Barrantes

26 ene 2021 . Actualizado a las 16:40 h.

Jorge Quintana, Jito, estreábase o pasado domingo como técnico do Umia C.F. na Liga de Primeira División feminina. O xogador e capitán do primeiro equipo masculino, sen actividade pola paralización do inicio da Preferente, compatibilizará o seu ata agora labor de preparador físico das vikingas de Barrantes coa dirección técnica, na que sustituíu a Diego Fernández, á súa vez relevo puntual de Moisés. Entre estes dous últimos sumaron un pleno de tres vitorias logo da saída de Edu González.

A xeira triunfal remataba na mañá do domingo no campo do Sárdoma, onde unha mala saída lastrou o Umia C.F., que rematou caendo 4-2.