Txu, o gran capitán, e Zalo abren as renovacións no Umia

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

RIBADUMIA

Umia C.F. (Cedida)

O equipo da Bouza anuncia a continuidade dun xogador clave no seu último cuarto de século, que debutará con 38 anos na Preferente

09 jul 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Unha vez completado o capítulo das merecidas celebracións institucionais, coa homenaxe que o propio club lles tributou o pasado sábado aos xogadores e ao corpo técnico que levaron o nome do Umia C.F. á Preferente por segunda vez nos seus case cen anos de historia, a directiva que desde hai unhas semanas preside Francisco Torres púxose onte mans á obra de cara a nova tempada.

Coñecida a continuidade de Óscar Guimeráns no vestiario da Bouza de Barrantes antes do relevo de Piris, predecesor de Torres á fronte do club, a directiva do Umia C.F. vén de anunciar a continuidade de José Manuel Castro, Txu, e mais de Gonzalo Fariña, Zalo. No caso do primeiro, trátase do gran capitán, que con 38 anos acumula 24 tempadas consecutivas no club, figurando xunto con Jito e con Joseph como un dos tres únicos futbolistas que acompañaron o Umia desde a Terceira Galicia á Preferente. No caso do extremo, asina a renovación tras cinco campañas no conxunto vermellón.