Pablo González, primeira fichaxe do C.D. Ribadumia, que renova a Hugo Soto e a Dieguito

O central vigués chega procedente do Rápido de Bouzas, cunha dilatada traxectoria na Terceira División e na Segunda B


Vilagarcía / La Voz

O C.D. Ribadumia comeza a alternar o capítulo de renovacións co de fichaxes. O central vigués Pablo González (21/09/1992) converteuse no primeiro reforzo axenciado polo equipo de Luis Carro de cara ao seu regreso o vindeiro outono á Terceira División.

Aos seus 27 anos, o novo futbolista do C.D. Ribadumia acumula unha ampla experiencia. Tras debutar como sénior no Vilalonga chegado da canteira do Celta, e logo de catro tempadas no Pontevedra, a última na Segunda B, proseguíu a súa carreira deportiva na categoría de bronce co Somozas, para defender posteriormente, de novo en Terceira, as camisetas da Arandina e do Arousa antes de recalar o verán pasado no vestiario do Rápido de Bouzas. Equipo este que avanzaba antepenúltimo con 23 puntos cando se parou todo pola pandemia do covid-19, 9 por debaixo da salvación, no que foi titular en 22 dos seus 23 partidos convocado, completando 19 deles.

Tamén esta semana, o C.D. Ribadumia elevou a doce o número de futbolistas con continuidade no seu primeiro equipo, tras anunciar as renovacións de Dieguito e de Hugo Soto. Este último, pichichi do equipo na pasada tempada con 15 goles, 6 de penalti, rexistro que o converteu no terceiro máximo goleador do grupo sur da Preferente 2019/20.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Pablo González, primeira fichaxe do C.D. Ribadumia, que renova a Hugo Soto e a Dieguito