Xubileo polos 75 anos de pastoral de Dositeo Valiñas

La Voz

RIBADUMIA

MARTINA MISER

Nas parroquias de Ribadumia e de Leiro celebrarase o vindeiro 7 de marzo un xubileo a Santiago de Compostela na honra do párroco

02 feb 2021 . Actualizado a las 23:10 h.

Dentro dos actos conmemorativos dos 75 anos de pastoral de Dositeo Valiñas organizados nas parroquias de Ribadumia e de Leiro celebrarase o vindeiro 7 de marzo un xubileo a Santiago de Compostela na honra do párroco. Todos os que o desexen poden acompañar a don Dositeo para facer unha visita á catedral e despois asistir a celebración relixiosa na igrexa de San Martín Pinario, na que se ordenou sacerdote 3 de xuño de 1944.

O día 7 sairá un autobús da igrexa de Ribadumia ás 9.30 e os interesados en participar nesta actividade deberán inscribirse antes do 4 de marzo nas oficinas municipais ou chamando aos teléfonos 986 7184 91/99. O prezo é de 5 euros.

«Con este acto péchase a celebración dun feito histórico, unha data para gardar no recordo, posto que se celebra toda unha vida de dedicación a un pobo», segundo subliñan desde o Concello. Lembra a institución que don Dositeo desenvolveu unha labor constante e fecunda levando a cabo accións como a creación dunha escola de baile tradicional ou unha cooperativa agrícola, foi fundador do CD Ribadumia e impulsor da Festa dos Maiores e a Romaría de Santa Baia.