Papá Noel abrirá a programación de Nadal do Concello de Ribadumia

RIBADUMIA

MARTINA MISER

Papá Noel abrirá, o día 24, os actos organizados polo goberno local

19 dic 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Ribadumia informou onte do seu programa de ocio e de cultura para as festas de Nadal. Un programa que abrirá Papá Noel, cunha visita o día 24 aos comercios do centro de Barrantes a partir das 11, horas antes da súa cabalgata solidaria, con inicio ás 16.30 desde Os Castaños ata o Cruceiro Vello, con regreso desde aí ao consistorio, onde se procederá a un sorteo, co diñeiro recadado coas súas rifas destinado ás familias máis desfavorecidas do municipio. Antes da cabalgata dos Reis Magos un paxe real e o Apalpador visitarán a casa do concello e o centro social de Barrantes os días 27 e 28, respectivamente.

Ademais, en Ribadumia os nenos poderán gozar do concerto didáctivo ‘Os merlos no amencer’, o día 26, e dos obradoiros de galletas de Nadal, o 27, e de brownies de Nadal, o 3 de xaneiro.