Reparan as humidades e dotan de novos equipos o auditorio de Ribadumia

La Voz

RIBADUMIA

MARTINA MISER

As obras rematan este mes e teñen un orzamento de case 28.000 euros

17 oct 2019 . Actualizado a las 15:09 h.

O Concello de Ribadumia está a levar a cabo actuacións no auditorio municipal, tanto de obra coma de subministros. O presuposto é de 27.915 euros e o financiamento corre por conta da Consellaría de Cultura e Turismo. As obras céntranse en arranxar os problemas de humidade derivados do cerramento exterior, que permite o filtrado de auga en diferentes puntos interiores do auditorio. Estas humidades afectan tamén aos revestimentos de madeira da zona do vestíbulo, que presentan mal estado e que é preciso substituír. A isto engádense outras reparacións de materiais desgastados polo uso. As obras rematarán a finais de mes.

En canto aos subministros, incorporaranse novas unidades de son como por exemplo micrófonos de diadema ou de solapa e tamén novas unidades de iluminación ara mellorar e completar as xa existentes. «Estas actuacións veñen a mellorar unha instalación destacada na vida cultural de Ribadumia posto que son numerosas as entidades que fan uso dela, así como os veciños e veciñas que poden gozar dunha programación cultural variada», indican desde o Concello.

cultural variada», indica o Concello.