O PSOE de Ribadumia renova a executiva e sitúa ao fronte a Javier Iglesias Mougán

La Voz RIBADUMIA

RIBADUMIA

Cedida

O concelleiro Pepe Lede pasa a ocuparse de secretaría de política municipal

12 oct 2019 . Actualizado a las 22:07 h.

O PSdeG-PSOE de Ribadumia vén de renovar a súa executiva «pola necesidade de ampliar e redistribuír as áreas de traballo da propia agrupación que se veu incrementada no número de participantes nos últimos meses».

A nova executiva é unha mestura da experiencia de antigos militantes con novas incorporacións e está liderada, en calidade de secretario xeral, por Javier Iglesias Mougán; como secretario de organización foi elixido Rafael Torres Portas, pasando ás labores de secretario de política municipal o anterior secretario xeral, Pepe Lede.

Tamén pasan a formar parte da executiva local os seguintes militantes e simpatizantes: Julián Moreira González, Susana Abuín Chaves, Amparo Barreiro Carballa, Isabel Martínez Mougán, José Manuel Alfonso Domínguez, José Luis Martínez Magariños, Mercedes Mouriño Barros e Silvia Álvarez Santamaría.

O PSOE conta actualmente cun concelleiro na corporación que, logo estar no goberno o pasado mandato, pasou a integrar a oposición.