Ribadumia acolle un curso para a proba libre da ESO

La Voz

RIBADUMIA

A actividade, que terá lugar todos os luns e mércores de outubro de 2019 a maio de 2020, será de 20 h a 23 horas

09 oct 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Ribadumia informa de que está aberto o prazo de inscrición para todos aqueles que desexen preparar a proba libre da ESO. A actividade, que terá lugar todos os luns e mércores de outubro de 2019 a maio de 2020, será de 20 h a 23 horas. «A formación é unha das áreas na que traballar día a día, e esta é unha oportunidade para todos os veciños tanto de Ribadumia como doutros municipios que teñan interese en preparar esta proba para obter o seu título da secundaria», segundo indican desde o Concello O curso terá un custe de 60 euros ao mes e está bonificado ao 50 % para os empadroados en Ribadumia, o que supón unha cuota de 30 euros. Para máis información poden dirixirse as oficinas municipais ou os teléfonos 986718491/99.