Un paseo guiado polas orixes de Ribadumia

RIBADUMIA

MARTINA MISER

A Asociación Cultural Herminio Barreiro ven de lanzar unha apetecible proposta para os amantes da historia

12 feb 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Domingo 24 • 10 horas • A Asociación Cultural Herminio Barreiro ven de lanzar unha apetecible proposta para os amantes da historia. Especialmente, para aqueles que son de Ribadumia. Trátase dunha visita guiada polo pasado máis remoto desta localidade. Para iso, farase un percorrido con dúas paradas principais. Unha, nas salas de prehistoria do Museo de Pontevedra, onde están depositadas varias pezas achadas no xacemento do Monte do Castro. A outra, loxicamente, neste recuncho de Ribadumia. En ámbolos dous casos, a visita será comentada por unha guía profesional e por arqueólogos que participaron nos traballos de escavación do xacemento. Sen dúbida, din desde a asociación que organiza esta actividade, trátase dunha «moi interesante saída para a que contaremos cun bus que sairá da praza do Concello ás dez da mañá». Os prezos desta actividade, que rematará contra as dúas da tarde, son de 15 euros para socios e 20 euros para os que non o son.