Ribadumia recada un 87 % dos impostos municipais en período voluntario

Os maiores ingresos foron no IAE e os menores, no IBI rústico


Ribadumia / la voz

Do total a recadar en impostos municipais no Concello de Ribadumia en período voluntario ingresáronse unha media do 87,61 %, o que supón 1.362.773 euros. Do correspondente ó IAE se recadou o 97,32%, fronte ao IBI rústico, do que só recadou un 76,97 % (4.120,81 euros no padrón), segundo os datos facilitados polo Concello.

O cargo líquido segundo o padrón dos impostos e taxas de vehículos, lixo, IBI urbano e rústica, auga e actividades económicas ascende a un total de 1.540.754,60 euros. O total que xestionou a oficina de recadación do ORAL en 2017 era de 1.094.823 euros, o que supón un incremento respecto a 2018 de 445.930 euros.

«Un incremento que non é debido a un maior número de impostos ou a unha subida dos tipos impositivos, pero si ven derivado dunha mellor xestión e máis próxima, o cal facilita a comunicación cos veciños», subliñan desde o goberno local.

No que afecta aos gastos do servizo de recadación, no ano 2018 ascenderon a 41.504 euros e inclúen tanto os gastos necesarios para a posta en marcha do servizo como os gastos para o seu desenvolvemento diario.

«A partir deste ano, os gastos vense reducidos a metade ó non ter en conta os da posta en marcha, co que o aforro anual se incrementará ata os 75.000 € aproximadamente, cantidade que pode ser destinada a outros investimentos», segundo as mesmas fontes.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

Ribadumia recada un 87 % dos impostos municipais en período voluntario