O Concello de Ribadumia  inicia os preparativos do Nadal

La Voz

RIBADUMIA

CEDIDA

Os rapaces da escola de ocio e tempo libre do Ribadumia estiveron axudando na montaxe do belén que estará exposto entrada da casa consistorial

12 dic 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Os rapaces da escola de ocio e tempo libre do Ribadumia estiveron axudando na montaxe do belén que estará exposto entrada da casa consistorial. Por outra banda, o próximo 13 de decembro abre o prazo de inscrición para os obradoiros infantís de Nadal, que terán lugar os días 27 de decembro e 3 de xaneiro e lle darán a oportunidade aos nenos de maquillarse e de facer pelotas divertidas. Estas actividades súmanse aos preparativos que se están a levar a cabo por parte do Concello co gallo das visitas de Papa Noel, os Reis Magos e apalapadora. O Concello tamén enviará nos vindeiros días a todos os veciños a felicitación de Nadal, resultante dun concurso de postais convocado a tal fin, no que se presentaron máis de cento cincuenta propostas.