Os castros do Salnés, en Madrid

La Voz

RIBADUMIA

CEDIDA

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, foi un dos asistentes á inauguración, no Museo Arqueolóxico Nacional, da mostra «Galaicos, un pobo entre dous mundos»

01 nov 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, foi un dos asistentes á inauguración, no Museo Arqueolóxico Nacional, da mostra «Galaicos, un pobo entre dous mundos». Unha exposición que leva a pegada da Deputación de Pontevedra, que pretende amosar con ela a riqueza histórica e patrimonial da provincia. Nese brillante expositor teñen un oco especial tanto o xacemento de Monte do Castro (Ribadumia) como o Castro Alobre (Vilagarcía). De feito, foi na capital arousá onde se atoparon algúns dos moitos achados que están agora en Madrid. Coa súa presenza en Madrid, o rexedor pretende realzar a relevancia histórica e tamén turística do único castro situado en pleno casco urbano dunha cidade, e cuxa musealización está pendente de ser executada a través da colaboración das administracións estatal e provincial.

A exposición «Galaicos. Un pobo entre dous mundos», está organizada polo Museo Arqueolóxico Nacional e a Deputación de Pontevedra co obxectivo de divulgar a cultura castrexa que predominou en Galicia durante un período de máis de mil anos, o comprendido entre o crepúsculo da Idade de Bronce e o século VI. A mostra inclúe a exposición de case 70 pezas procedentes dos distintos castros.