Un roteiro sobre a represión en Ribadumia, Meis e Barro


Mañá sábado • 11.30 horas • Ponte Arnelas • «Seique» é o título da obra de Susana Sánchez Aríns escollida pola Deputación de Pontevedra para dar pé a un dos seus roteiros literarios. Seguindo a trama da súa novela, a escritora conducirá a quen se teña apuntado a esta iniciativa provincial por varios puntos de Ribadumia, Meis e Barro nos que transcorre a historia de Ramón Barreiro e Castor Corda, alá polo 1936. O camiño comezará en Ponte Arnelas e rematará na igrexa de Barro, lugar onde se atopa a fosa onde están soterrados estes dous homes, vítimas do «tío Manuel». Este roteiro desenvólvese por zonas eminentemente rurais, motivo polo cal a viaxe entre os distintos puntos se vai realizar en autobuses. Despois deste, aínda quedan outros roteiros literarios da Deputación, un proxecto co que se pretende que a literatura galega saia dos libros.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Un roteiro sobre a represión en Ribadumia, Meis e Barro