Manuel Fontán desfóndase cando pelexaba por medalla, e Domínguez remata quinto

María Pérez queda fóra da Final A, e remata undécima no C-1 500. Carla Frieiro (As Torres-Romaría Vikinga) é hoxe a opción arousá de medalla na segunda xornada con títulos en xogo do Mundial Júnior e Sub-23 de Plovdiv, Bulgaria


vilagarcía / la voz

O piragüismo arousán encoméndase hoxe á catoirense das Torres-Romaría Vikinga Carla Frieiro no K-1 200 Xuvenil -buscará ademais posto na final dominical do K-1 500- en pos da súa primeira medalla no Mundial Júnior e Sub-23 de Esprint. Onte, na primeira das tres xornadas con títulos en xogo, nin o vilanovés do Náutico O Muíño de Ribadumia Manuel Fontán nin o madrileño do Breogán Noel Domínguez foron quen de subirse ao podio do C-1 1.000 Xuvenil e do C-2 1.000 Sub-23, respectivamente. María Pérez, compañeira de club de Fontán, non conseguíu sequera acceder á final A do C-1 500 Xuvenil.

O certo é que, vendo os primeiros 750 metros da regata polas medallas do C-1 1.000 Xuvenil, pensar en Fontán subindo por segunda vez a un gran podio internacional no prazo de catro semanas tras a súa prata continental semellaba do máis factible. Tras comezar con moita forza, cubrindo os primeiros 250 metros segundo a só 84 centésimas do moldavo Goncearov, Manuel estabilizouse no cuarto posto a metade da regata, na que avanzaba a 24 centésimas da prata. A falta dos últimos 250 metros o arousán pelexaba co eslovaco Koczkas polo bronce, a tiro de 33 centésimas. Pero entón desfondouse de todo, rematando último a final a medio minuto do campión, o bielorruso Dzianis Patapenka. O director deportivo do Muíño, José Manuel Vázquez, comentaba onte que «Manuel foi mal todo o tempo, e inda así estivo na pelexa. Sobráronlle 250 metros». Hoxe inicia o programa do C-4 500.

Xunto co sevillano Martín Fijo, Noel Domínguez foi quinto en 3.45,803, a 553 milésimas do bronce no C-2 1.000 Sub-23. María Pérez foi cuarta na súa semifinal, a 7 décimas de superar o corte, rematando segunda da Final B e undécima do mundo no C-1 500 Xuvenil. Agora céntrase no olímpico C-2 500.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Manuel Fontán desfóndase cando pelexaba por medalla, e Domínguez remata quinto