Romero, Frieiro, Pérez, e por dúas veces Fontán, campións de España

A primeira xornada do Nacional de Esprint deparou cinco títulos arousáns, ademais do bronce do padexeiro do Náutico Pontecesures José Antonio Fraga no C-1 500 Júnior tras o bicampión do Náutico O Muíño


vilagarcía / la voz

A primeira das tres xornadas do Campionato de España de Esprint Sénior, Sub-23 e Júnior pechou onte no encoro pontevedrés de Verducido con cinco títulos e con catro campións arousáns. Co canoísta júnior do Náutico O Muíño Manuel Fontán asinando dobrete na súa categoría no C-1 1.000, na xornada matutina, e no C-1 500 pola tarde, con 1,5 e con 2 segundos de vantaxe, respectivamente; no medio quilómetro, co padexeiro do Náutico Pontecesures José Antonio Fraga bronce.

Diego Romero, do Breogán do Grove, foi ouro no C-1 1.000 Sénior co seu compañeiro de club Noel Domínguez prata a máis de 3 segundos. Cunha superioridade inda maior gañaron os seus títulos nacionais júniores María Pérez, do Muíño, no C-1 500, con 4,5 segundos sobre a segunda, e Carla Frieiro (As Torres-Romaría Vikinga), con 4,2.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Romero, Frieiro, Pérez, e por dúas veces Fontán, campións de España