Carro confía en conservar o groso do plantel do Ribadumia

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

RIBADUMIA

Cedida

«A idea», abunda o adestrador arousán, «é repetir o número de efectivos, pero dotando o plantel de máis potencial»

30 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Dúas semanas leva renovado Luis Carro como adestrador do Ribadumia. Dúas semanas que darán paso na que vén a un dos treitos máis esixentes e determinantes para o éxito de calquera proxecto futbolístico, o da confección do novo plantel. E neste punto, Carro ten as ideas claras: «O que queremos é quedar cun 90 % dos futbolistas do último equipo», que rematou con 21 xogadores en nómina.

«A idea», abunda o adestrador arousán, «é repetir o número de efectivos, pero dotando o plantel de máis potencial», toda vez que no curso que vén de rematar «faltounos un punto de competitividade. Queremos un plantel que sexa máis competitivo no día a día».

Con todo, Luis Carro é consciente de que, tras a gran campaña do C.D. Ribadumia, ao club resultarálle difícil conservar a varias das súas mellores pezas. Sobre todo un Sub-23 José Filgueira convertido nunha das pezas máis cobizadas do mercado galego da Terceira.