Ramón Ferro descolga a pa para axudar puntualmente o Náutico O Muíño

La Voz

RIBADUMIA

Cedida

15 mar 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

María Pérez, Manuel Fontán, Óscar Baúlde, e Ramón Ferro. O Náutico O Muíño de Ribadumia contará esta fin de semana en Sevilla cun reforzo de auténtico luxo. O padexeiro da Illa, que a finais do ano pasado anunciaba en La Voz de Galicia o punto final á súa carreira no piragüismo de competición como o canoísta de maratón máis laureado da historia en España xunto co ata o seu entón compañeiro de glorias no C-2 Sénior, o pontevedrés Óscar Graña, aceptou descolgar excepcionalmente a pa para lle botar un cabo ao club no que desde hai un par de anos comeza a dar os seus primeiros pasos o seu fillo maior, Ramón.

«Como está o meu rapaz alí, o director deportivo do club, José Manuel Vázquez, me dixo se lles botaba unha man no Campionato de España de Inverno. Eu xa lles viña axudando cos máis cativos, os infantís, os días que levo o meu fillo a adestrar no Muíño, e díxenlles que si», relataba onte Ramón Ferro.

O illense deixa claro que «eu non pensaba remar máis», e que «será esta proba, ao mellor un par». De feito, confesa que «desde setembro non adestro; só saín un par de veces na canoa de paseo para matar o gusanillo». Por iso «tomo o de Sevilla como unha festa. Vou a pasalo ben».