Diego Rocha, procedente do Bouzas, asina polo Vilalonga

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

RIBADUMIA

Cedida

esta noite, o Unión Grove mídese ao Xuventú Sanxenxo no Monte da Vila desde as 21 horas, o Ribadumia ao Marcón a domicilio á mesma hora, e o Céltiga ao Moaña no Salvador Otero desde as 21.30

02 ago 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

O Vilalonga apura o peche do seu plantel. Onte, coa confirmación da fichaxe de Diego Rocha Besada (Vigo, 10 de Abril de 1996), mediocentro Sub-23 formado na canteira do Celta de Vigo, e que tras o seu paso polo Galicia Mugardos a tempada pasada militou no Rápido de Bouzas. Un central é agora o obxectivo do conxunto celeste, que esta noite, a partir das nove e cuarto, xoga un partido de preparación en Burgáns co Club Juventud Cambados. Faráo sen Hugo Pintos, sen Melchor e sen Agus, con problemas físicos, e coa dúbida de Padín.

Tamén esta noite, o Unión Grove mídese ao Xuventú Sanxenxo no Monte da Vila desde as 21 horas, o Ribadumia ao Marcón a domicilio á mesma hora, e o Céltiga ao Moaña no Salvador Otero desde as 21.30.