Fontán aspira a colgarse hoxe dúas medallas en Györ

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

RIBADUMIA

CEDIDA

PiragüismoXogos Europeos da XuventudeGran debú do canoísta do Náutico O Muíño

26 jul 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Brillante estrea a do padexeiro vilanovés do Club Náutico O Muíño de Ribadumia Manuel Fontán Señoráns no Festival Olímpico da Xuventude Europea; os Xogos Olímpicos a nivel continental para deportistas das categorías Sub-15 e Sub-16 que se disputan en Gyor, Hungría. Co arousán non só gañando as súas tres primeiras regatas, senón tamén marcando os mellores tempos nas do C-1 500, presentando a súa candidatura a cadansúa medalla no barco individual e no C-2 Mixto 500, no que compite coa deportista do Pollença Carolina González.

Fontán abríu o día gañando a terceira das seis series de calificación do C-1 500, en 2.04.288. Pola tarde facía o propio na quenda das eliminatorias, xa só con catro e un crono de 2.01.787. En ambos casos, como no resto do programa de piragüismo, con catro rúas en cada regata. Con Carolina González gañou tamén a súa eliminatoria.

Hoxe o padexeiro do Náutico O Muíño aspira ás dúas medallas, para o cal deberá superar antes as respectivas semifinais.