A Deputación pon sobre a mesa 35.000 euros para pavimentar un camiño en Cesures
PONTECESURES
A achega forma parte do Plan + Provicia
27 jul 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Unha achega de 35.000 euros que permitirá ao Concello de Pontecesures financiar integramente a pavimentación dun camiño en Carreiras. Esta é a axuda que a Deputación de Pontevedra vén de aprobar con cargo ao Plan +Provincia, un programa que este ano destina máis de 740.000 euros ao municipio do Baixo Ulla.
Con estes recursos, o equipo da alcaldesa, Maite Tocino, poderá demoler os muros de pedra das parcelas que cederon parte dos seus terreos para o ensanche do camiño. Uns muros que posteriormente serán repostos na nova aliñación, con similares características aos que desaparecerán para manter a estética da vía. Tamén se renovará a escaleira de acceso a unha das propiedades afectadas.
A intervención completarase coa pavimentación da congostra de subida que divide as dúas parcelas afectadas, o fresado e a repavimentación da totalidade do camiño con mestura bituminosa.