Este ano se pretende chegar ás 22.000 doazóns, superando os elevados índices do 2025
15 jul 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Hoxe o Concello de Pontecesures acolle a campaña Un alento de vida que promove a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) co obxectivo de fomentar a participación cidadá durante a tempada estival. A unidade móbil estaciona na Prazuela, xunto á igrexa, dende as 10 ata as 14 horas e das 16 ata as 21 horas. Con esta iniciativa buscan achegar a doazón a máis de 170 concellos de Galicia ata o vindeiro mes de agosto.
A organización pretende obter arredor de 22.000 doazóns, que equivalen a 400 doazóns diarias para garantir o axeitado abastecemento nos hospitais galegos. Dende a axencia queren amosar o seu agradecemento á corporación municial pola súa implicación e compromiso no desenvolvemento das campañas.
Votando a mirada cara atrás, lembrar que no 2025 Pontecesures acadou unha taxa de 75 doazóns por cada 1.000 habitantes, un dos índices máis elevados de Galicia. Ademais, este ano a axencia quere pór atención en que todas as persoas que participen na iniciativa recibirán un agasallo pola súa colaboración. A campaña Un alento de vida procura ser unha oportunidade única de curación de moitos enfermos e convidan a toda a cidadanía, maior de 18 anos e que pese máis de 50 quilos, a tomar parte dela. Pola súa parte, lembran que para adquirir máis información poden pórse en contacto a través da web ados.sergas.gal.