«Vitaminas B e C: Begoña Caamaño», maxia e literatura no CPI de Pontecesures

La Voz PONTECESURES / LA VOZ

PONTECESURES

A obra e o periplo vital de Begoña Caamaño inspiran o espectáculo de ilusionismo que chega a Pontecesures
A obra e o periplo vital de Begoña Caamaño inspiran o espectáculo de ilusionismo que chega a Pontecesures Emilio Relova

O circuíto provincial +Escénicas leva un espectáculo do ilusionista Martín Camiña ao colexio cesureño

20 may 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

A Deputación de Pontevedra leva este xoves, 21 de maio, unha nova edición do circuíto +Escénicas, unha programación deseñada para os concellos de menos de vinte mil habitantes. Trátase do espectáculo de maxia Vitaminas B e C: Begoña Caamaño a cargo de Martín Camiña Ilusionista. A sesión comezará ás 12.20 horas no ximnasio do CPI Pontecesures. Camiña, premio nacional de Maxia de Donostia e premio da Asociación Portuguesa de Ilusionismo, percorre o vieiro vital da escritora homenaxeada no Día ads Letras Galegas deste ano, cuxo perímetro vén marcado por Circe, Morgana e os medios de comunicación. O ciclo +Escénicas está a desenvolver a súa terceira tempada.