Pontecesures e A Illa festexan este sábado a San Xulián con misas e música

La Voz PONTECESURES / A ILLA / LA VOZ

PONTECESURES

MONICA IRAGO

Haberá concertos en Cesures e na Arousa volverán vestir as súas mellores galas

06 ene 2023 . Actualizado a las 20:22 h.

Este sábado será día de festa en Pontecesures e A Illa. En Cesures comezarán a xornada ás 9 horas cun disparo de bombas de palenque, que dará paso a unha alborada por distintos lugares do municipio a cargo das agrupacións folclóricas Algueirada e Xarandeira.

A misa solemne na igrexa parroquial terá lugar ás 12 horas, con distintas actuacións musicais na Plazuela por parte de grupos folclóricos. E, pola tarde, a partir das 20 horas terá lugar un concerto na Plazuela a cargo do Orfeón Voces Graves Arousa e a Coral Polifónica de Pontecesures.

Na Illa tamén haberá procesión ao mediodía seguida de procesión, que desta volta cambia o percorrido polas obras que se executan na rúa Castelao. Logo, a tradición manda irse de bares cos amigos vestindo corbata, tacóns e outras galas coma se dun Fin de Ano se tratara.