O serán, organizado por Xarandeira, celebrarase o vindeiro sábado
28 jun 2022 . Actualizado a las 05:00 h.
A Asociación Cultural Xarandeira, de Pontecesures, puxo en marcha, xa no ano 2011, un serán: un encontro de música tradicional galega co que se pretendía saldar unha débeda coa cultura propia nunha bisbarra na que non existía ningún evento desas características. Naceu, daquela, o Ghaitellón, un evento que se celebrou todos os anos ata que a pandemia mandou parar. Parou o son das gaitas e das pandeiretas, e parece que lle está a custar traballo recuperarse. Pero os integrantes de Xarandeira non queren que se perda o seu serán, e teñen organizado para este sábado unha nova edición da súa festa. Desenvolverase esta o vindeiro sábado, a partir das seis da tarde, no peirao de Pontecesures, co ánimo de sentar ás bases da recuperación dun sector, o da música e o baile tradicional, que está a ter que facer grandes esforzos para recompoñerse tralo covid.