A proba celebrarase o domingo 16 de xaneiro
02 ene 2022 . Actualizado a las 05:00 h.
O Concello de Pontecesures organiza a que será a edición número 21 da Carreira Popular de Pontecesures. Terá lugar o domingo 16 de xaneiro, a partir das once da mañá.
Segundo explican dende o Concello, «tras o éxito da anterior edición, na que puidemos mostrar o noso perfil máis solidario na loita contra a violencia de xénero, non queremos deixar de comprometernos coas persoas que peor o están a pasar». Así que, nesta ocasión, a carreira servirá para recadar fondos que serán destinados a axudar ás persoas damnificadas polo volcán de La Palma, que está a deixar tras de si perdas incalculables. Será unha colaboración coa Cruz Vermella.
No momento de formalizar a inscrición, todas as persoas participantes terán a opción de facer un donativo a título persoal para contribuír a incrementar a recadación. Os que non poidan participar, poden facer a súa aportación solidaria a través do dorsal solidario.